Luzía, unha investigadora licenciada en audiovisual, afronta o proxecto de percorrer as oito etapas do Camiño de Santiago para rematar un proxecto iniciado na universidade sobre un libro de Otero Pedrayo. Este é o punto de partida da historia que plasma no seu último traballo do director Simone Saibene. Trátase dun libro-DVD Pelerinaxes que se presentaba na tarde do 2 de novembro no Liceo de Ourense no marco do 21 OUFF.

Neste acto participaban o propio director, Simone Saibene, as actrices Carmen Méndez e Isabel Risco, o director artístico e programador do OUFF, Fran Gayo; e Pedro Blanco e Patricia Arias en representación da Fundación Otero Pedrayo e da Asociación Cultural Camino a San Andrés de Teixido, respectivamente.

Este proxecto inspírase no libro “Pelerinaxes I”, no que Otero Pedrayo narra o camiño a pé que fixo canda Vicente Risco e Ben-Cho-Shey dende Ourense a Santo André de Teixido en 1927. Saibane móvese no seu filme entre a ficción e o documental, intercalando o percorrido feito pola protagonista (interpretada pola actriz lucense Carmen Méndez) cunha serie de entrevistas, entre as que se encontran algunhas a figuras do mundo cultural galego.
Fotos: Daniel Gallego.