Sergio Alba, chega a Ourense con Dous rombos… Pasa para a cama un espectáculo de humor no que o pasado, estará moi presente.
“É inevitable, co paso dos anos, botar a vista atrás e reconfortarse na felicidade vivida nas nosas idades máis tempranas. Pero, o certo é que ademais de fermosas lembranzas, hai tamén moitas cousas das que quizais non nos sentimos demasiado orgullosos, e que sempre é mellor enfocar desde o punto de vista do humor”, conta o propio artista, asegurando que é así c omo nace este espectáculo, “coa única pretensión de asomarnos cun sorriso a aquela época na que nos mandaban para a cama, poñendo dous rombos na pantalla do televisor. Unha época na que pasamos do branco e negro á cor, sen darnos apenas conta, e que foi abrindo paso pouco a pouco a unha nova forma de ver e vivir a realidade”.
Para asistir a este show retro-activo, somentes “precisades gañas de desenchufarvos da rutina dixital, e aceptar o reto de rirnos do noso lado máis analóxico”, convida Sergio.
O pase único en Ourense será o mércores 28 de maio ás 20 horas no Liceo onde están dispoñibles as entradas.