En portadaÚltima horaVídeos

Saída da 16ª Andaina de Outono que percorre as zonas queimadas polo incendio no Barco

 

Esta fin de semana estivo marcada polo deporte en plena natureza, da man do Club Peña Trevinca Barco. Na mañá do sábado eran 50 os corredores que participaban na 16ª edición do Trail de Outono e na mañá deste domingo día 13 de novembro tocáballe o turno aos andarines.

 

 

Máis de 250 persoas tomaban a saída no malecón do Barco, á beira do río Sil, na Andaina de Outono, que os levaría por algunhas das zonas do Barco queimadas no incendio do mes de xullo. Lugares como como Vales, Cesures, Fervenza, Meiral, Santa Mariña Santigoso, Alixo ou Viloira. “É o percorrido que tiñamos previsto antes do incendio e que decidimos manter para lembrar a desgraza sufrida este verán”, aseguraba o presidente do club, Miguel de la Cal, na presentación da proba.

 

 

A andaina comezaba en torno ás 9 da mañá. Uns decidían facer a ruta oficial (25 quilómetros) e outros decantábanse pola curta, pero todos desfrutaron da mañá e das vistas a pesar do incendio. A xornada rematará a mediodía co xantar no mesmo punto de saída e meta, á beira do río.

 

 

Para velar pola seguridade, preparados ante calquera imprevisto, membros de diferentes Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e sanitarios.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button