Na mañá deste sábado 30 de novembro, pouco antes das 10 horas, producíase unha saída de vía no km 52 da N-536, ao seu paso por Arcos (Vilamartín de Valdeorras).
Tal como informan dende o 112 Galicia, era un particular quen avisaba “dun turismo accidentado, solicitando axuda para unha persoa ferida” que era trasladada ata o Hospital Público Valdeorras para a súa observación.
No operativo interviña o GES Valdeorras, Urxencias Sanitarias, a Garda Cvil de Tráfico e os servizos de mantemento de estradas.
Fotos cedidas.