ConcellosÚltima horaVilamartín

Saída de vía en Vilamartín de Valdeorras

 

Na mañá deste martes 16 de abril producíase un novo accidente de tráfico nas estradas de Valdeorras. Nesta ocasión o incidente, no que se vía implicado un turismo, tiña lugar no termo municipal de Vilamartín.

O coche, que circulaba dirección O Barco, saíase da vía na estrada secundaria paralela á 120, no acceso á gasoliñeira. Ata o lugar dos feitos desprazábase unha patrulla da Garda Civil de Tráfico, indicando que o condutor do vehículo “tivera un despiste e non resultara ferido”. A grúa encargábase de retirar o coche siniestrado.

 

Artigos relacionados

Back to top button