ConcellosRubiáÚltima hora

Saída de vía na N-120 á altura de Covas, no concello de Rubiá

 

Na mañá deste xoves 17 de outubro producíase un accidente de tráfico na N-120, ao seu paso polo concello valdeorrés de Rubiá, no que se vía implicado un único vehículo.

Tal como informan dende o 112 Galicia, a saída de vía producíase pasadas as 11 horas no PK 439 da devandita estrada, á altura de Covas. “Aínda que a persoa xa estaba fóra do vehículo cando chegaron, ata o lugar dos feitos a cudían os bombeiros do parque comarcal que trataron de retirar o coche da circulación para evitar riscos porque invadía un dos carrís, á espera do guindastre para apartalo definitivamente”, destacan dende o 112, indicando que a pesar de estar liberada o ocupante do vehículo “si necesitaba asistencia sanitaria” polo que tamén informaban a urxencias médicas, Garda Civil de Tráfico e ao Servizo de Limpeza e Mantemento do Ministerio de Fomento como titular da vía.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button