ConcellosÚltima horaVilamartín

Saída de vía na N-120 ao seu paso por Arcos (Vilamartín de Valdeorras)

 

Na tarde deste venres 7 de xuño producíase un accidente de tráfico sen feridos na N-120 ao seu paso por Arcos, no Concello de Vilamartín de Valdeorras, no que se vía implicado un único vehículo.

Tal como informan dende o 112 Galicia, en torno ás 17 horas recibían a chamada dun particular indicando que había un coche accidentado, tras saírse da estrada. Nese momento chovía copiosamente. Tamén informaba de que os ocupantes estaban fóra do vehículo e que se atopaban ben.

Dende o servizo de emerxencias pasabam aviso á Garda Civil de Tráfico e a Mantemento de Estradas.

 

Artigos relacionados

Back to top button