
No mediodía deste luns 24 de agosto producíase un accidente de tráfico no concello de Viana do Bolo no que se vía implicado un único vehículo.
Tal como informan dende o 112 Galicia, a saída de vía na que a furgoneta saltaba o quitamedos e quedaba envorcada, producíase pouco antes das 13:30 horas no PK 16 da OU-533. “O particular que nos chamou xa indicaba de primeiras que os ocupantes atopábanse todos fóra e o GES da Gudiña indicaba que os feridos foran trasladados”, din dende o 112 que tamén pasaban aviso a Urxencias Sanitarias, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil de Viana do Bolo.

Fotos cedidas.