OurenseÚltima hora

San Cibrao recibiu unha achega de 37.000 euros da Xunta para arranxar o acceso á Bouteira

[/dropcap] A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe as instalacións canda a Marisol Díaz e o alcalde da localidade, Manuel Pedro Fernández [/dropcap]

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e a delegada territorial de la Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron hoxe, canda ao alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, esta localidade para comprobar “o resultado da mellora de accesibilidade dun dos seus principais recursos turísticos”, a área recreativa da Boutureira.

Esta intervención está enmarcada na liña de subvencións de máis de 1,33 millóns de euros que Turismo de Galicia destinou en 2016 para o fomento da accesibilidade e sinalización turística nos recursos turísticos no medio rural.

Durante a visita, a directora de Turismo de Galicia, explicou que o obxectivo desta liña de subvencións, a través da cal o concello de San Cibrao das viñas recibiu unha achega de máis de 37.000 euros, é dotar ao medio rural de Galicia das infraestruturas e sinalización adecuadas para convertelo nun recurso turístico accesible.

Neste senso, afirmou que entre os principais obxectivos do seu departamento está o desenvolvemento do territorio de acordo cos principios de calidade, accesibilidade e sustentabilidade. “Traballaremos pola potenciación do turismo e dos seus recursos como un factor de crecemento económico e un instrumento de reequilibrio territorial”, engadiu.

Artigos relacionados

Back to top button