Gran resposta dos veciños de San Xoán de Río ante o concurso de postres organizado por RíoMola. 25 veciños de Río encenderon os fogóns para tentar sorprender ó experto xurado e conseguir unha das 3 ceas que se sortearon. Entre as 12:00 e 13:00 do sábado entregaron as súas creacións a organización para ser identificados e únicamente cun número para que os xuices non identificaran os artistas e fose totalmente obxetivo.
As 13:00 apareceu o xurado no pavillón dirixido por Anxo do restaurante A Viuda de Trives, que contou coa presenza, ademáis de Anxo, de 3 expertas hosteleiras de Manzaneda, Noe, Claudia e Santos. O xurado completouse con Laura Chicote chegada dende Lugo. Nese momento a sorte estaba botada, e durante unha hora, cada un dos 5 xuices valorou cada postre en 3 apartados.
Debían otorgar ata 5 puntos por presentación, outros 5 por orixinalidade e ata 10 puntos por sabor. O remate do veredicto de cada xuiz, so faltaba sacar a calculadora e sumar as puntuacións. Cun máximo de 100 puntos, que sería a perfección, 21 dos 25 postres separados superaron os 70 puntos, o que supón un gran nivel dos participantes. Facendo o reconto varias veces, polo axustado do resultado, obtivo 88 puntos sobre 100 os “Pop cakes” de Mari de Cova que convertirona na vencedora do concurso obtendo unha cea para 2 persoas no restaurante A Viuda de Trives. Carvalho, o famoso portugués de Trives, quedouse únicamente a un punto da victoria e obtivo o segundo premio coa súa “Tarta suave de castaña” gañando unha cea para 2 persoas en Casa Eladio de Sas de Penelas. Completou o podium Laia, que coa axuda da súa nai Moru, e a proposta “Silvuqui”, obtivo 83 puntos e unha cea para 2 persoas en Casa Agenor, en Cova, Trives.
A piques de entrar no pódium, superando os 80 puntos quedaron as creacións de Angelete, Eva, Manola, Itas, Saúl, Patri, Elvira e Miguel, Breixo e Antía. A organización valora moi positivamente este concurso no que participaron 25 persoas, que contou cun xurado de luxo e que tralo Magosto, todos os postres foron degustados polo público asistente.
Texto: Xosé Miguel Pérez Blecua.
Fotos: A.C. RíoMola