ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

San Xoán de Río recolle máis de media tonelada de alimentos coa campaña “RioSolidaRio”

Unhas duascentas persoas asistiron á “Gran Festa do Fútbol Sala” celebrada o 30 de decembro

Baixo o lema “Gota a gota somos un Río de solidaridade”, a asociación Cultural RíoMola en colaboración co Concello de San Xoán de Río, poñían en marcha neste Nadal, a primeira campaña de recollida de alimentos que superou todas as expectativas, recollendo un total de 600 quilos de alimentos non perecedoiros que serán repartidos entre as familias máis necesitadas. “Existen agora mesmo 8 familias en San Xoán de Río que reciben alimentos de Cruz Vermella e varias máis que necesitarían recibilos pero non cumpren requisitos. Todos eles serán os destinatarios dos produtos recollidos, en varias entregas ao longo do ano priorizando as familias que teñen nenos, xa que ningún neno debería ter carencia de alimentos”, aseguran dende a AC RíoMola.

A iniciativa, incluía a recollida de alimentos en varios puntos do pobo, e poñía o broche coa celebración da “Gran Festa do Fútbol Sala” celebrada na tarde do 30 de decembro no pavillón de deportes de San Xoán de Río. Un evento lúdico-deportivo que reunía a unhas duascentas persoas de todas as idades que trocaron alimentos por boletos para participar no sorteo de material donado por diferentes clubs e deportistas: dous packs de 2 entradas Déportivo–Valencia doadas polo RC Deportivo da Coruña; dúas camisetas e dúas gorras do Barça doadas pola Fundació FC Barcelona; dous polos, seis bufandas e seis bandeirolas do Celta doadas pola Fundación Celta de Vigo; tres camisetas asinadas por Mateu Lahoz, dous polos da Federación Española de Fútbol e catro packs de medias adidas doadas por Antonio Miguel Mateu Lahoz; unha bufanda doada polo CD Lugo; unha camiseta doada polo CD Trives; dúas sudadeiras doadas polo Sporting de Manzaneda; unha cesta de produtos de Nadal doada por Amarelante; unha chaqueta, unha sudadeira e un chándal doados polo RíoMola FS.

Amais dos particulares, houbo colectivos que tamñen doaron alimentos. O Club Montaña Trives e a Asociación de Antigos Alumnos do Colexio Santa Leonor de Trives foron os máximos donantes con 60 kg de alimentos cada un.

Fotos: AC RíoMola.

Artigos relacionados

Back to top button