SanidadeÚltima hora

Sanidade informa de 2 casos de hepatite aguda infantil de orixe descoñecida en Galicia

 

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade vén de informar ao Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade da detección en Galicia de dous casos de hepatite aguda infantil de orixe descoñecida, que cumpren os criterios de inclusión determinados polo Ministerio. Unha vez remitida a información, o Centro de Coordinación de Alertas fará as probas pertinentes. Un dos casos pasou a enfermidade no mes de xaneiro e outro se está a recuperar na actualidade.

“Tras recibir a alerta sanitaria por parte do Ministerio de Sanidade, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade iniciou unha búsqueda activa de casos, tamén con carácter retroactivo, de persoas ingresadas no ano en curso. Así, o sistema de vixilancia epidemiolóxica da Xunta de Galicia detectou un primeiro caso no mes de xaneiro, sendo a evolución do paciente positiva. Por outra banda, existe outro caso que se está a tratar na actualidade e que evoluciona favorablemente”, segundo informa a Consellería de Sanidade.

Ao respecto, a Consellería de Sanidade sinala que o sistema sanitario galego permanece alerta na detección de casos.

Artigos relacionados

Back to top button