EconomíaEconomíaÚltima hora

Santa Cruz (O Bolo) abre a “Festa do Almendrado” cun xantar veciñal

 

Naceu como quen non quere a cousa, como unha excusa para xuntar á veciñanza en pleno mes de agosto e leva xa nove edicións. A “Festa do Almendrado” de Santa Cruz (O Bolo) terá o día grande o mércores 21 de agosto, cunha sesión vermú á saída da misa con bebidas e amendoados e baile pola tarde, pero o programa festivo abríase hoxe cun xantar veciñal.

 

 

No mediodía deste domingo 18 de agosto en torno a un cento de veciños desta localidade do concello do Bolo, reuníanse en torno á mesa e baixo carpas para degustar un menú a base de pulpo á feira, empanada e costela asada, de postre amedoados e bica, e para beber viño, auga e chupitos.

 

 

O responsable do xantar, Lolo López, asegura que aínda que a festa lévase facendo nove anos, o xantar ten un menos, adiantando que dentro do programa da festa, mañá haberá xogos e concursos de doces con chocolatada incluída e o martes haberá xogo da petanca. Na organización, tanto do xantar coma dos xogos, Lolo conta coa inestimable axuda de Pedro, Elena, Encarna e Teresa Benéitez, esta última a que fai os amendoados.

Fotos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button