EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Sara González, alumna do Colexio Ferroviario, ganadora do concurso Children’s Chef

Preparaba un “Ovo en flor con cocochas e angulas” na final deste certame organizado pola Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias de Sober

Esta era a fase decisiva. Na mañá do 24 de maio a Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias de Rosende (Sober) acollía a final do concurso Children’s Chef. Nela participaban un total de cinco alumnos de centros do seu entorno.

A partires das 11h. os participantes comezaban a cociñar, entrando en cociñas en intervalos de 10 minutos. Brais Quiroga do IES A Pinguela elaborou a receita “Popieta de calabacín con paté de bonito e vinagreta de tomate seco”, Sara González do Colexio Ferroviario presentou “Ovo en flor con cocochas e angulas”, Ánxela Romero do Colexio Padres Escolapios elaborou a receita “Pataca rechea de paté de carabineros con mollo de piquillos”, Mario Martínez do IES Río presentou “Samosas de paté de bonito con guacamole” e Sandra Rodríguez tamén do IES Río Cabe elaborou o prato “Ostras con allo branco”.

 

A ganadora do certame, no momento de recibir o premio./ Foto Escola de Hostalaría Belarmino Fernández Iglesias.

O xurado valorarou os pratos elaborados polos concursantes, resultando gañador, aínda que estivo moi competido o fallo, o prato “Ovo en flor con cocochas e angulas” presentado por Sara González. O xurado desta edición estivo formado por  Luis Fernández Guitián (alcalde de Sober), Nemesio Rodríguez (director do IES de Foz durante 34 anos), Santiago Villanueva (director do Hotel Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort), Xoan Ameixeiras (cociñeiro do programa Desafío nos fogóns e colaborador do programa de radio Come e fala) e José Manuel García (director do programa Come e fala).

A Escola de Hostalería agradeceu na entrega de premios a colaboración de todos os Centros participantes, así como a do seu alumnado e a dos patrocinadores do evento Conservas Chanquete e Hotel Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort.

Fotos: Escola de Hostalaría Belarmino Fernández Iglesias.

Artigos relacionados

Back to top button