DeportesÚltima hora

Saray González, xogadora do CV Ribeira Sacra con ascendencia en Castro Caldelas, chamada pola Permanente da RFEVB

 

Saray González Fontán é ten ascendencia en Castro Caldelas./ Foto cedida.

 

A xogadora cadete do CV Ribeira Sacra, Saray González, con ascendencia en Castro Caldelas, vén de ser chamada pola Real Federación Española de Voleibol para formar parte na vindeira tempada da Concentración Permanente de Soria. Saray empezou no club sendo alevín e creceu como xogadora da man de Verónica Contreras que foi a súa primeira adestradora, de Manolo Martínez e Laida Alvarado ata a súa actual adestradora, Yoraxy Melean, todos eles grandes profesionais do voleibol.

“Desde o club estamos moi orgullosos da chamada de Saray e desexámoslle que sexa o seu trampolín para chegar tamén a ser unha xogadora profesional pero sobre todo que goce do voleibol”, din dende o Ribeira Sacra que con esta son xa sobre 10 as xogadoras que achega á Permanente, sendo as máis recentes Antía Rodríguez que actualmente é xogadora profesional de voleibol en Estados Unidos e a quiroguesa Carolina Camiño que xoga en Superliga co Club Arenal Emevé.

“Esta traxectoria e o feito de que a Federación Española se fixase unha vez máis nas nosas xogadoras é sinónimo do gran traballo que se está realizando tempada tras tempada por parte do club e os seus adestradores”, destacan satisfeitos dende o Club Voleibol Ribeira Sacra.

 

Artigos relacionados

Back to top button