
O domingo 23 de xuño a praza José Luis Núñez de Vilamartín de Valdeorras será escenario da celebración da noite de San Xoán. A partires das 21:30h. haberá sardiñas con pan, viño e postre. O prezo da entrada será de 5 euros.
Esta celebración está organizada pola Asociación de Coveiros en colaboración co Concello de Vilamartín.