Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Satse escenifica no Barco as dificultades da carreira profesional de enfermeiría

Representábase cunha competición de atletismo chea de obstáculos na entrada principal do Hospital Comarcal Valdeorras

Entre obstáculos, lentamente e con moito esforzo, as participantes na carreira chegaban á meta, situada fronte á entrada principal do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV), no Barco. Era unha orixinal e divertida escenificación coa que o Sindicato de Enfermería de Galicia, Satse, quería reivindicar na mañá do 2 de xuño a “reactivación da carreira profesional para o persoal de enfermeiría de Galicia”.

Con esta singular mobilización, que incluía tamén un baile, Satse quería representar “todos os obstáculos que nos atopamos por culpa da Administración para poder chegar á nosa meta”.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button