ConcellosÚltima horaViana do BoloVídeos

“Saudade”, unha mensaxe de esperanza para os vianeses que están fóra

O Concello de Viana do Bolo vén de publicar un vídeo homenaxe ás persoas que neste tempo de pandemia non poden voltar ao municipio

 

“Pronto nos volveremos xuntar neste idílico lugar que sempre nos fai querer voltar. Volveremos a vernos”. É a mensaxe de ánimo e esperanza coa que finaliza un sentido vídeo “Saudade”, publicado nas redes sociais do Concello de Viana do Bolo, e que percorre as tradicións, as celebracións, as paisaxes e a cultura vianesa, un ano despois do inicio da pandemia.

“Neste 2021, tras un ano padecendo os efectos da pandemia, dende o Concello de Viana do Bolo queremos acordarnos daqueles e aquelas que están fora coa elaboración dun emotivo vídeo. Recordamos ás fillas e fillos de Viana que durante os últimos meses non puideron gozar das nosas festas, tradicións, paisaxes e sobre todo… das súas familias e amizades!”, explican dende o Concello de Viana do Bolo.

Ademais dende o goberno vianés insiste en que “a todas esas persoas que están desexando visitarnos queremos enviarlles unha mensaxe de esperanza e agarimo e dicirlles que pronto nos volveremos a ver nas rúas e aldeas de Viana!”.

 

Artigos relacionados

Back to top button