En portadaÚltima hora

Se chove, a procesión do Cristo no Barco será da igrexa de San Mauro á praza Maior

 

O Barco vive o día gran das festas do Cristo, a celebración litúrxica da exaltación da Santa Cruz. A xornada comezaba ás 8h. coa primeira misa na honra de Xesús Nazareno, na igrexa de San Mauro, que logo continuaba coa das 10h. Ás 11h. está prevista unha nova celebración relixiosa neste mesmo templo. Estas dúas eucaristías eran oficiadas por Daniel Pérez, párroco de Rubiá, ante a imaxe do Nazareno e tamén a da Asunción de Barrio e Castelo. Tamén lucían xa no interior do templo estandartes de parroquias como as de Lardeira, Sobradelo, Rubiá, Barrio e O Castelo, entre outras.

Arredor das 11h., e sempre que o tempo o permita, está previsto que se celebre, por vez primeira, na praza de San Mauro unha concentración de cruces e estandartes das diferentes parroquias como “símbolo da unidade pastoral”, tal e como destacaba o párroco do Barco, Jesús Álvarez.

O tempo tamén condicionará a celebración da procesión do Cristo, acompañado desta volta pola Asunción do Barrio e do Castelo, que inicialmente tiña previsto baixar pola rúa Escura pasando despois pola rúa Real, pola rúa San Roque, seguindo despois por Manuel Quiroga, volvendo cara a praza Maior. Se chove, farase unha procesión solemne entre a igrexa de San Mauro e a praza Maior, seguida da misa maior.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button