Na fin de semana do 10 ao 12 de setembro celebrábase no Circuíto Bugatti de Le Mans, a cuarta carreira desta tempada da Ultimate Cup Series, o campionato europeo no que compiten os irmáns Hernández, Sebastien e Michael, franceses con orixes en Valdeorras (concretamente no Barco e en Arcos onde está parte da súa familia).
Sebastien é piloto da Peugeot Sport 208 Racing Cup e xunto ao copiloto enfrontouse a 4 horas de carreira de resistencia. “Saímos no posto 33 e chegamos á final no 17, logrando a 9º mellor crono da carreira”, explica o piloto de Peugeot que comezaba a súa carreira profesional no mundo do karting.
A Ultimate Cup Series consta de seis probas, cinco delas en Francia: dúas en Paul Ricard, unha en Dijon, a de Le Mans e a de Magny-Cours prevista para mediados de outubro. A “súper final” será xa a mediados de novembro en Estoril (Portugal).
Fotos cedidas.