Secundino Fernández repetirá como candidato do BNG á alcaldía de Viana do Bolo
6 de Febreiro de 2019
O actual alcalde vianés resultaba elixido pola militancia nacionalista vianesa o 5 de febreiro para encabezar a lista deste partido nas vindeiras eleccións locaisSecundino Fernández, candidato nacionalista á alcaldía de Viana do Bolo.
Na reunión que mantiñan na tarde do martes 5 de febreiro no local do BNG de Viana do Bolo afiliados e simpatizantes escollían por unanimidade como candidato nacionalista á alcaldía de Viana do Bolo a Secundino Fernández Fernández.
Deste xeito, o actual rexedor vianés repetirá á fronte da lista do BNG nas vindeiras eleccións municipais de maio. Natural da Pobra de Burón (A Fonsagrada), Fernández é enxeñeiro de Montes e enxeñeiro Técnico Agrícola, na especialidade de Explotacións Agropecuarias.
Dende o ano 2004 é funcionario na Xunta de Galiza e responsable da Oficina Agraria Comarcal de Viana do Bolo. Dende agosto de 2009 é concelleiro e en xuño de 2015 chegaba á alcaldía de Viana.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.