ConcellosQuirogaÚltima hora

Seguen subindo os casos activos de Covid en Quiroga, cun total de 112

Son 9 positivos máis que na xornada anterior, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade

Exterior do Concello de Quiroga.

 

O número de casos activos de Covid-19 segue subindo en Quiroga. Os últimos datos da Consellería de Sanidade, actualizados o xoves ás seis da tarde, cifran en 112 positivos os diagnosticados nos últimos 14 días, nove máis que na xornada anterior. “Dende o 17 de xaneiro o Sergas confirma cada día un importante aumento de casos na incidencia acumulada a catorce días”, aseguran dende o Concello, engadindo que esta cifra sobrepasouse o venres da semana pasada cando se confirmaron 18 novos casos e tamén este martes con 12 novos positivos.

Con estes datos e coas probas PCR que se levan realizando a todos os contactos directos con positivos en Monforte, sobre 400 a día de hoxe, a Consellería de Sanidade realizará a partir do luns 1 de febreiro, un cribado masivo no municipio. “Entre o luns e o venres 500 quirogueses serán citados para participar na realización das probas de detección de coronavirus, o que achegará ata as mil as probas que se realizarán á poboación local”, explican dende o Concello. Dous equipos da consellería desprazaranse ata Quiroga a partir das tres da tarde para realizar os test de antíxenos a aqueles quirogueses de entre 30 e 70 anos que previamente recibiran unha mensaxe citándoos a unha hora concreta. O cribado realizarase no Centro de Saúde e os 500 participantes, que non presenten síntomas, serán citados a través dunha mensaxe de texto ao seu teléfono móbil (SMS), onde se lle indicará a hora na que deben acudir ao centro médico.

Artigos relacionados

Back to top button