A RúaConcellosÚltima hora

Seguen subindo os positivos de coronavirus na Rúa, cun total de 37

Tamén sobe a cifra de novos casos diagnosticados nos últimos 14 días, ata os 31

Panorámica do concello da Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O número de positivos en Covid-19 segue subindo no municipio da Rúa. Así o demostran os datos facilitados por Sanidade na xornada deste mércores 16 de decembro, co rexitro dun total de 37 casos activos, cinco máis que o luns. Tamén sobe a cifra de novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días, ata os 31. Algúns destes novos casos detectábanse no cribado poboacional realizado na Rúa na xornada do domingo, no que se recolleron 1.065 mostras.

Con estes datos, o municipio valdeorrés continúa no nivel medio-alto de restricións (hostalería aberta ata as 17 horas cun 30% de aforo no interior e 50% no exterior; agrupacións de máximo 4 persoas; mobilidade noctura restrinxida de 23 a 6 horas; limitacións especiais de mobilidade). Ademais é un dos concellos nos que Sanidade manterá unha “vixilancia especial da situación epidemiolóxica”, segundo adiantaba onte o Comité de Seguimento do Covid.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button