CulturaCulturaEntroido 2024MúsicaÚltima horaVídeos

Seis folións participan na segunda xuntanza deste Entroido en Petín

 

Apenas unhas horas de que deixasen de soar os bombos da primeira xuntanza organizada polo Folión de Petín, a vila valdeorresa volvía vibrar cunha nova xuntanza, desta volta organizada polos Arrieiros.

 

 

En torno ás cinco da tarde deste sábado 27 de xaneiro comezaba o desfile de folións dende a parte alta da rúa Santigao para percorrer boa parte do pobo, incluída a zona vella ata rematar na praza.

 

 

Nesta ocasión, xunto aos Arrieiros de Petín tocaron os Labregos de Trives, o Folión de Buxán, O de Chandrexa de Queixa e O Irrio de Caldelas.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button