SanidadeÚltima hora

Seis novos falecementos de persoas diagnosticadas por Covid na provincia

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nova xornada con vítimas do Covid na provincia de Ourense. A Consellería de Sanidade vén de confirmar o falecemento nas últimas horas na provincia de seis persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Trátase de catro homes de 92, 81, 80 e 76 anos e dunha muller de 87 anos que faleceron no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, así como doutro home de 92 que faleceu na Clínica Santa Teresa de Ourense. Todos eles tiñan patoloxías previas.

Ademais perdían a vida outras tres persoas con Covid en Galicia: un home de 95 anos e outro de 71 anos que faleceron no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e unha muller de 60 anos que faleceu no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Artigos relacionados

Back to top button