No marco da II Semana da Prevención organizada por Fraternidad Muprespa o colexio Pablo VI-Fátima da Rúa acollía na mañá do 26 de abril un concurso de debuxo e unha charla sobre os perigos no entorno escolar. A actividad estivo encadrada dentro do programa “Levar a Prevención á Escola” e contou coa asistencia de Leandro de Justo, director no Barco de Valdeorras e Ana Vaquero, Técnico Superior en Prevención de Risos Laborais.
A iniciativa tamén se levou a cabo no colexio Divina Pastora do Barco, pero no caso do centro rues, foi unha das numerosas atividades incluídas no programa da Semana Cultural que se están celebrando dende o luns 24 ata o sábado 29 de abril.
Baixo o lema “Sé xusto: deixa a túa pegada”, a semana arrancaba coa inauguración da exposición “Brillou a luz na escuridade” sobre o centenario de Fátima e a Revolución Rusa que permanece na entrada do colexio, e rematará o sábado co festival, as distincións académicas e a entrega de premios deportivos e culturais. E entre medias obradoiros; charlas; visitas; campionatos; encontros culturais; e un percorrido de orientación polos difererentes centros nos que os estudantes poden continuar a súa formación académica; entre outras cousas relacionadas con diferentes aspectos (sanitario, edicativo, medioambiental,…).
Fotos cedidas.