OurenseÚltima hora

Semana do emprendemento no CIFP A Farixa

 

Desde o luns 13 e ata o vindeiro martes 22 de novembro cerca dunha ducia de profesionais das distintas áreas que abrangue o espazo de acción formativa do centro integrado de Formación Profesional a Farixa, danse cita co alumnado do centro na “Semana do Emprendemento”, unhas xornadas de carácter inmersivo que contan coa implicación de prestixiosos profesionais de referencia nos seus campos e que permite achegar ao alumnado, de primeira man, experiencias innovadoras neste campo.

Segundo afirma Emma Cid, profesora do centro e coordinadora da actividade, “ao igual que en anos anteriores, a idea de fondo deste proxecto é articular un foro de encontro entre a experiencia profesional e o noso alumnado en fase formativa, dun xeito dinámico e integrador”.

Para elo, o programa inclúe actividades de carácter formativo orientados a complementar a formación do alumnado dos distintos ciclos en habilidades específicas vencelladas co emprendemento, con obradoiros específicos para as distintas áreas. Así, na área de turismo, o inspector Miguel Losada Pulido encontrarase co alumnado cunha ponencia arredor da nomativa aplicable para emprender no sector e Fernando Rodríguez de La Torre, director da axencia de comunicación “Con Ç de Comunicación” ofrecerá duhas master clases de Marketing dixital.

 

 

As xornadas centran este ano a atención no proceso de aprendizaxe continuo e na transmisión de coñecemento entre os sectores produtivos e a Formación Profesional, polo que algúns dos poñentes serán precisamente ex-alumnos do propio centro, que logo duns anos de traballo no sector, compartirán co alumnado actual a súa experiencia. Así, a ex-alumna de Proxetos de Edificación María Belén Alonso Diéguez, compartirá a súa experiencia, e os ex-alumnos de Produción de Audiovisuais e Espectáculos María Victoria Mociños, Aarón Ibarra e Andrea Lorenzo, farán o propio cos alumnos do ciclo, achegando as actitudes ideais para poder sobrevivir no sector nunha mesa que leva por título “Vida de Freelance”.

Esta actividade enmárcase dentro da aposta do centro pola transversalidade e de conexión co entorno e a comunidade. Jose Manuel Paredes, director do centro, salientou a “importancia de manter unha dinámica do Cenro Integrado aberta á cidade e á provincia de Ourense, para poder ofrecer unha formación comprometida coa realidade que nos toca e conectada cos nosos sectores produtivos.

Artigos relacionados

Back to top button