Tomando como materia prima a realidade política actual, aderezada coa visión galega do mundo e en clave de retranca, despregaba o actor ourensán Sergio Pazos o seu monólogo “Rebento se non o conto” na noite do 18 de decembro en Quiroga. Multitude de persoas seguían esta actuación que tiña lugar na Cervexería-Pub Ruxe Ruxe. Ademais de veciños deste concello lucense, había persoas doutras zonas próximas como Froxán (Folgoso do Courel) ou a comarca de Valdeorras.
O monólogo de Pazos, que se caracterizaba tamén por unha continua interacción co público e por guiños á realidade quiroguesa, estaba estruturado en dúas partes e combinado con certos toques musicais. Esta proposta formaba parte da programación deste local quirogués que xa organizaba o pasado 7 de decembro unha exitosa foliada.
Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil