Sés formará parte do xurado do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán
23 de Agosto de 2018
A gala de entrega do premio celebrarase o 29 de setembro na RúaMaría Xosé Silvar, Sés.
“Porque cada un deles é un exemplo para nós”. Foi a motivación que levou á dirección do proxecto As Letras de Florencio a nomear aos catro membros do xurado do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán: dous valdeorreses de pro (Anxo Baranga e David D. Vázquez Álvarez) e dúas mulleres de fóra da comarca (María Xosé Silvar e Ola Novo).
Anxo Baranga, artista, escultor, pintor, home de teatro, etc, será ata este mes de setembro o Irmán Maior do proxecto. David Vázquez, é “o noso escritor e a persoa que está a crear unha literatura xuvenil grazas á cal o nosos cativos se achegan á lectura, sen esquecer as súas antoloxías de relatos, as novelas…”
Con respecto ás mulleres, son dúas filólogas, dúas mestras. Olga Novo, unha poeta que co seu segundo libro Nós nus levou o premio Losada Dieguez, ademais dunha apaixonada investigadora sobre literatura. María Xosé Silvar, Sés, pola súa banda “é unha das últimas revolucións da música galega. Creadora e consumidora de poesía con cada unha das letras que compón”.
O texto gañador desta primeira edición do premio darase a coñecer o día 29 de setembro en varios actos que se celebrarán na comarca. A gala de entrega do Premio será na Rúa e correrá a cargo das poetas Lucía Aldao e María Lado. O prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o 15 de setembro.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.