
Con fantásticos resultados para o IES Lauro Olmo do Barco se resolvían as probas de acceso á Universidade realizadas na Rúa hai unha semana, con 7 excelencias académicas, é dicir máis de 9 na parte xeral de selectividade, María Álvarez Delgado, Luiz Henrique Batista Rodríguez, Ángela Borrajo Ramos, Manuel León Núñez, Gema Rodríguez Martínez, Lorena Sánchez Merayo e Ander Tierro Prieto.
Dende o instituto amósanse “moi orgullosos de todos os alumnos e alumnas que participaron na selectividade”, adiantando que haberá un acto de recoñecemento ao mellor alumnado de Bacharelato, de centros de Ensino Medio de Galicia o vindeiro xoves, día 24 de xuño ás 17 horas no Salón Nobre de Fonseca da USC.
Outros centros da comarca de Valdeorras tamén lograban bos resultados na ABAU como o IES Martaguisela con 6 alumnas que lograban a excelencia académica. O IES Cosme López conseguía 1.