OurenseÚltima hora

Sete ouros para o Ximnasia Pavillón Ourense no Campionato Galego Escolar de Trampolín

O equipo feminino de Trampolín proclamouse campión galego, e o club sumou en total 20 podios

 

Un total de seis clubs (Ximnasia Pavillón, Escola Ximnasia Pavillón, Escolas Deportivas Barbadás e Burgas, Gravitty de Lugo, Ximnasia A Estrada e Sieiro A Vigo), participaban esta fin de semana no Campionato Escolar Galego de Trampolín celebrado no Pavillón de Deportes A Estrada, nas modalidade de Minitramp, Dobre Minitramp, Tumbling e Trampolín.

Nesta competición escolar o Club Ximnasia Pavillón Ourense participou cun equipo formado por 11 ximnastas que participaron en case todas as categorías logrando 20 postos de podio e destacando o equipo feminino de Trampolín que se proclamou, como equipo, campión galego. Tamén é destacable a participación das máis pequenas: Moraima Nóvoa Fernández e Mara Lázaro Díaz, a primeira campioa galega en todos os aparatos e a segunda campioa galega en Trampolín e Dobre Minitramp e bronce en Minitramp. Miguel Pérez Quiroga campión galego en Dobre Minitramp; e pola súa parte Sabela Calvo Quintero e Ángela Dasilva Fírvida subían tamén a podio en todos os aparatos.

Con esta competición remata a tempada competitiva do Nivel Escolar en Ximnasia en Trampolín e nesta semana, os equipos de competición nacional teñen previsto a participación, se as condicións sanitarias o permiten, na Scalabis Cup en Portugal.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button