CulturaCulturaÚltima hora

Sétima edición do campo de voluntariado do Castro de San Lourenzo (A Pobra do Brollón)

Escavacións no Castro de San Lourenzo./ Foto: Proxecto Castro de San Lourenzo.

Entre os campos de voluntariado que neste verán se desenvolverán na provincia de Lugo estará o do Castro e Romaría de San Lourenzo (Cereixa, A Pobra do Brollón), que terá lugar entre os días 1 e 12 de agosto.” Neste campo de voluntariado as persoas participantes involúcranse cunha pequena comunidade rural para axudar na posta en valor do seu castro, así como na organización da Romaría de San Lourenzo que se realiza no propio xacemento”, segundo a información publicada pola Xunta de Galicia. Esta será xa a sétima edición deste campo.

As inscricións poden realizarse en http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran/campos-de-traballo-inscricion

Ademais, na provincia de Lugo desenvolveranse neste verán outros 7 campos de voluntariado: Friol (Friulio), en Folgoso do Courel (Castro da Torre), Pantón (Castro de Guítara), Quiroga (Pena Furada), Palas de Rei (Xuventude e Camiño), Guitiriz (Da Auga e da Pedra) e Castro de Rei (Castro de Viladonga).

Back to top button