En portadaSanidadeÚltima hora

Sexta Semana da Lactación Materna, no Barco

Nesta edición terá como lema a “Lactación materna: fundamento da vida” e celebrarase do 7 ao 13 de outubro
A avogada Ana María García, na imaxe, impartirá unha conferencia na 6ª Semana da Lactación Materna do Barco./ Foto: A.R.

Cun obradoiro infantil de cociña comezará na mañá do 7 de outubro a 6ª Semana da Lactacióin Materna no Barco, que promove o grupo de apego á lactancia e crianza con apego “De Nai a Nai”. Este obradoiro será realizado por nais da asociación no seu local (rúa Academia Dequidt, nº 6, 4º andar).

Ademais o martes 9 de outubro ás 15:30h. farase a presentación da asociación ao novo grupo de clases de preparación á maternidade no hospital. As actividades proseguirán o mércores 10 de outubro ás 18h. coa presentación da nova páxina web de De Nai a Nai e, de seguido, impartirase a conferencia “A importancia do plan de parto no inicio da lactación materna”, a cargo da avogada vianesa Ana María García, especializada en temas de muller e asesora de lactación materna. Todos estes actos serán tamén no local da asociación

 

Cartel desta edición.

Artigos relacionados

Back to top button