ConcellosO BarcoÚltima hora

Sinais verticais para as “rutas escolares seguras” do Barco

Cedida.

 

Esta mañá comezaba a instalación dos sinais verticais que a partir de agora marcarán a rutas escolares seguras que están a funcionar no Barco. Nestes momentos son dous os centros escolares de primaria que se sumaron a iniciativa, o CEIP Condesa de Fenosa e o CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira.

Entre os dous centros, son aproximadamente 70 os nenos dos cursos entre 3º e 6º de Primaria que, durante o curso, utilizan as rutas seguras para chegar aos seus colexios. Os sinais (verticais e rechamantes, simulando un lapis) colocáranse nas tres rutas existentes ata o momento: a azul, que transcorre polo Malecón e chega ata a praza de José Otero, a Vermella, polas rúas Eulogio Fernández, Penas Forcadas e Lugo e a verde, polas rúas Marcelino Suárez, Conde Fenosa e Manuel Quiroga.

 

 

Na instalación destes sinais, realizada por operarios do servizo de Obras do Concello, estiveron alumnos do colexio Condesa de Fenosa, os integrantes da plantilla de Policía Local que participan no programa de Seguridade Vial, así como as edís de Educación e Medio Ambiente, Margarida Pizcueta e Diana Urdangaray.

A sinalización acompáñase de pegatinas nas entradas dos garaxes, para que os vehículos salgan deles coas debidas precaucións, e en establecementos colaboradores.

Artigos relacionados

Back to top button