ConcellosO BarcoÚltima hora

Soben a 11 os casos activos de Covid no Barco

No caso da comarca de Valdeorras, son xa 22 os positivos

Imaxe da estrada xeral do Barco./ Foto: A.R.

 

Seguen subindo os casos activos de Covid no Barco. Este municipio rexistra un total de 11 positivos, segundo os últimos datos comunicados polo Sergas ao Concello neste 9 de abril. Son 6 máis que os rexistrados onte.

En canto a incidencia acumulada para o concello a 14 días, sobe e sitúase entre >25 e ≤75, segundo a Consellería de Sanidade.

 

 

Tamén noutros puntos da comarca de Valdeorras están medrando os casos. Así Carballeda de Valdeorras rexistra 7 positivos, mentres que en Rubiá son 3 e A Rúa continúa con 1 positivos. En total a comarca de Valdeorras rexistra 22 casos activos.

Artigos relacionados

Back to top button