
Malia que por primeira vez en varias semanas, descenderon lixeiramente os casos na provincia de Ourense, mantense a tendencia ascendente da curva dos casos activos de coronavirus na comarca de Valdeorras, sendo especialmente significativa no caso do Barco e da Rúa.
Segundo os últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade ao Concello rues, na xornada deste xoves 28 de xaneiro rexístranse un total de 14 casos activos, tres máis que onte, manténdose a incidencia acumulada en >250.



