En portadaÚltima hora

Soben a 403 os casos activos de Covid en Valdeorras, 54 máis que onte

O Barco rexistra 289 casos, 47 máis que onte e A Rúa 64, 6 máis que onte

Paseo do Malecón do Barco./ Foto: A.R.

 

Dispárase a incidencia do Covid no Barco, que neste 30 de decembro bate un novo récord e sitúase en 289 positivos, segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte). Son 47 máis que onte.

 

 

A tendencia á alza mantense tamén no resto da comarca. Así Valdeorras rexistra neste xoves 30 de decembro un total de 403 positivos por coronavirus (54 máis que onte), segundo as cifras do Sergas.

Ademais do Barco, hai outros catro municipios con incremento de casos: O Bolo cun total de 5 positivos (1 máis que onte), Carballeda de Valdeorras con 11 (1 máis que onte), A Rúa con 64 (6 máis que onte) e Rubiá con 6 positivos (1 máis que onte).

Os casos activos mantéñense estables en Larouco con 6 (os mesmos que onte) e A Veiga con 1 positivo (os  menos que onte). As cifras baixan lixeiramente en Petín con 4 casos activos (1 menos que onte) e Vilamartín con 17 (1 menos que onte).

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras rexistra nesta xornada 1 ingreso en planta.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button