En portadaÚltima hora

Soben a 603 os casos activos de Covid en Valdeorras, 449 deles no Barco

Vista do Barco dende o río Sil./ Foto: A.R.

 

Unha xornada máis a curva de contaxios de Covid segue ascendendo no Barco, que neste 4 de xaneiro suma un novo de récord e sitúase en 449 positivos, segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte), o que supón 23 máis que onte.

A tendencia á alza mantense tamén en boa parte da comarca aínda que de forma máis lixeira con subidas noutros catro concellos. Así Valdeorras supera xa a barreira dos seiscentos e rexistra un total de 603 positivos por coronavirus (28 máis que onte), segundo as cifras do Sergas.

 

 

 

Ademais do Barco, increméntanse os casos no Bolo cun total de 19 positivos (1 máis que onte), Carballeda de Valdeorras con 17 (1 máis que onte), Rubiá con 12 (1 máis que onte) e Vilamartín con 20 (2 máis que onte).

A cifra de positivos mantense noutros catro concellos: Larouco ten 6 casos activos (os mesmos que onte), Petín rexistra 7 (os mesmos que onte), A Rúa 71 (tamén os mesmos que onte) e  Veiga 2.

 

 

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras mantén nesta xornada 2 ingresos en planta, os mesmos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button