En portadaÚltima hora

Soben a 843 os casos activos de Covid na comarca de Valdeorras, 566 deles no Barco

A maior suba con respecto ao venres prodúcese en Larouco con 35 positivos, 32 máis

Panorámica do Barco. /Foto: A.R.

 

Continúan imparables as cifras de casos activos en Valdeorras, que suma un total de 843 positivos (datos actualizados ás 18h. de onte), o que supón 123 máis que o pasado venres, cando se emitía a última actualización de datos por parte da Consellería de Sanidade.

 

 

Por concellos, o Barco suma outro novo récord de contaxios de Covid con 566 positivos, o que significa 45 máis que o pasado 7 de xaneiro. Tamén soben en practicamente todos os municipios, sendo Larouco o que rexistra unha maior suba cun total de 35 casos activos (32 máis que o venres). O Bolo suma tamén 35 contaxios (11 máis que o venres), Carballeda de Valdeorras ten 30 (11 máis que o venres), Petín ten 19 (7 máis que o venres), A Rúa suma 101 (9 máis que o venres), Rubiá rexistra 31 (7 máis que o venres), e A Veiga 6 (1 máis que o venres).

 

 

O único concello valdeorrés que se mantén é Vilamartín, con 20 casos activos, os mesmos que o venres.

Con respecto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras rexistra nesta xornada 2 ingresos en planta.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button