En portadaSanidadeÚltima hora

Soben a 850, 51 máis que onte, os casos de Covid-19 na provincia

O Hospital de Valdeorras continúa con 5 ingresos, mentres o de Verín rexistra 14 e o de Ourense 60

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mantense a liña ascendente nas cifras do Covid na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra nesta xornada de 2 de outubro un total de 850 casos activos (51 máis que onte), dos que 82 están hospitalizados (deles 10 na Unidade de Coidados Instensivos) e 768 permanecen a seguemento a domicilio.

O Hospital de Valdeorras continúa con 5 ingresos en planta por coronavirus, mentres que o Hospital de Verín mantense tamén en 14. No Hospital Universitario de Ourense hai 52 ingresos (6 máis onte) en planta e 8 na UCI.

Ademais o CO.SA.GA ten un ingreso en planta e outro en UCI e a Clínica El Carmen conta cun ingreso en UCI. O total de casos rexistrados na provincia ascende a 3.691, con 2.688 curados e 153 falecementos. Polo de agora lévanse realizado 62.045 probas PCR, 881 nas últimas 24 horas.

Artigos relacionados

Back to top button