En portadaSanidadeÚltima hora

Soben a 9 os ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras, 2 máis que onte

Os casos activos baixan na provincia e sitúanse por baixo dos mil, segundo os datos de Sanidade

Exterior do Hospital Público de Valdeorras.

 

Repuntan os ingresos de pacientes con coronavirus no Hospital de Valdeorras. Así, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade (ás 18h. do 10 de novembro), o centro barquense rexistra un total de 9 pacientes hospitalizados en planta, fronte aos 7 de onte.

Pola súa banda, o do Hospital de Verín ten 6 (os mesmos que onte), e o Hospital Universitario de Ourense ten 63 ingresos en planta (10 menos que onte) e 15 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). Ademais a Clínica Santa Teresa baixa a un ingreso en planta.

Por baixo dos 1.000 casos activos na provincia

Un día máis, baixan os casos activos de coronavirus na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Así, segundo segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade hai 929 casos activos, o que supón 92 menos que onte. Deles, 79 están hospitalizados en planta (8 menos que onte) e 15 en UCI (os mesmos que onte). Tamén se aprecia un lixeiro aumento nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 43 (fronte aos 34 de onte).

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 6.949, con 5.758 curados e 261 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 102.385 probas PCR.

9.869 casos activos en Galicia

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.869, segundo a última actualización de datos de Sanidade. Deles 1.921 son da área da Coruña, 1.129 da de Lugo, 929 da de Ourense, 1.263 da de Pontevedra, 2.463 da área de Vigo, 1.186 da de Santiago, e 978 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 95 están en UCI, 516 en unidades de hospitalización e 9.258 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 32.161 persoas curadas, rexistrándose 1.024 falecementos. O número de PCR realizadas é de 764.216.

Artigos relacionados

Back to top button