ConcellosSoberÚltima hora

Sober conta cun novo centenario, Antonio Rodríguez

 

O Concello de Sober felicita a Antonio Rodríguez, da Casa Menor de O Xuncal en Anllo Santo Estevo, polo seu 100 cumpreanos, que celebra hoxe.

O centenario atópase en perfecto estado de saúde e neste xoves recibía un pastel como agasallo para conmemorar este día tan especial.

É o centenario número 11 do Concello de Sober, que conta con 8 mulleres e 3 homes que superan o século de vida.

Artigos relacionados

Back to top button