CulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Sober encheuse de música no concerto de “Os Parentes” o pasado sábado 13 de xullo

Esta actuación está dentro das actividades programadas polo 150 aniversario da Banda de Música de Sober

O grupo local “Os Parentes” encheron de música o auditorio do Centro Sociocultural de Sober o pasado sábado 13 de xullo. O concerto era de balde e o auditorio quedou pequeno ante a gran acollida que tivo. Esta actuación está dentro das actividades programadas polo 150 aniversario da Banda de Música de Sober.

Así, a Banda de Música de Sober e “Os Parentes” interpretaron tanto temas propios do grupo, como de outros grupos galegos; entre eles Ses, Heredeiros da Crus ou Treixadura. Tamén do poeta soberino Ramón Sandoval. Os arranxos para o concerto correron a cargo de Daniel Costa, membro de Os Parentes.

 

Artigos relacionados

Back to top button