ConcellosÚltima hora

Sober inaugura o centro de xogo infantil “A Mariola”

Ten un carácter gratuíto e está situado na Praza do Pulpo desta vila lucense

 

O Concello de Sober vén de inaugurar o 2 de xaneiro o centro de xogo infantil “A Mariola”, situado na Praza do Pulpo da localidade, e que permitirá celebrar a partir de hoxe festas de cumpreanos e outros eventos infantís. Usuarios e familias poderán facer uso do centro de xogo de xeito gratuíto.

O acto de inauguración estivo presidido polo alcalde, Luis Fernández Guiitán, e o xerente do GDR Ribeira Sacra-O Courel, Martín Alemparte. Neste primeiro día de funcionamento o centro contou ademais coa visita dos nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia de Sober, así como daqueles que quixeron achegarse.

“A Mariola” dispón dunhas instalacións cuns 90 metros cadrados e está equipado cunha área de xogo, un parque de bolas e múltiples xogos de mesa, entre outros. Tamén conta con cociña e con mesas para facer actividades ou para merendar. Tan ademais aseos, unha zona de recepción e unha sala de espera para os adultos.

O investimento realizado alcanza os 37.000 euros, cunha axuda do LEADER a través do GDR Ribeira Sacra-Courel e outra achega do Concello.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima ás familias a achegarse a coñecer “A Mariola”, “un novo espazo de xogo no que os nenos e nenas poden entreterse e divertirse na localidade”.

Fotos: Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button