O Concello de Sober participa este ano por vez primeira cun stand propio no XII Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, que se vai celebrar en Silleda (Pontevedra) no recinto feiral entre os días 8 e 11 de xuño.
De forma paralela celébrase FESTUR, a IX Feira de Festas de Galicia, que constitúe un atractivo para as celebracións declaradas de Interese Turístico, como é a Feira do Viño de Amandi.
O Concello de Sober contará cun stand individual (número A.39) onde poder mostrar os seus atractivos, explicar aos asistentes as súas peculiaridades e distribuír material promocional.
A presenza do Concello de Sober nesta feira forma parte das accións que ten emprendido o Goberno local de cara a conseguir que a Feira do Viño de Amandi sexa declarada Festa de Interese Turístico Nacional.