Logo dunha completa fin de semana con actividades para todos os públicos, orquestras e fogos artificiais, Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) celebra hoxe, pasado por auga, o día grande das festa patronais na honra de Nosa Señora da Encarnación.

En torno ás 12:30 horas estaba prevista a saída da procesión coa imaxe da Virxe, que impedía a chuvia polo que o párroco decidía sacala ata a entrada da igrexa e facer un pequeno percorrido polo interior do templo ao ritmo da Charanga TDB. Se seguido tiña lugar a celebración eucarística presidida polo vicario de pastoral, José Manuel Carrasco, e na que participaban numerosos sacerdotes, entre eles os párrocos de Sobradelo, O Barco ou Rubiá.

O apartado musical da xornada completarase coa orquestra Compostela que amenizará o baile en sesión de tarde longa.
Fotos: Mónica G. Bellver