CarballedaConcellosÚltima hora

Sobradelo viste de verán os seus parques e xardíns

 

Primeiro foi no inverno, no que as áreas de parques e xardíns de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) se envolvían de diferentes elemenos de fauna e flora propios do bosque. Despois, a finais de marzo, engalanábanse con diferentes manifestacións propias da primavera e agora locen con elementos, deportes ou flora e fauna propia do verán, que está chamando á porta.

Unha vez máis a creatividade e bo facer dos membros do obradoiro e da brigada municipal facían posibles estas fermosas figuriñas talladas en madeira e, nalgúns casos pintadas, con todo luxo de detalles, que configuran fermosos conxuntos e tematizan ás áreas axardinadas da vila.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button