Entre aplausos cruzaba Solange Pereira (Valencia Sports) como ganadora absoluta a meta da Milla Urbana do Barco, unha proba incluída no calendario de ruta da Real Federación Española de Atletismo. Ela é xa a atleta con máis vitorias nesta carreira, na que competiu en 12 ocasións, logrando en 11 delas a vitoria e na restante un segundo posto.
Neste vídeo pode verse a súa entrada en meta, tras completar o percorrido da proba cun tempo de 05:14, seguida de Ángela Viciosa do Atl Isaac Viciosa (05:17) e de Ester Navarrete do FC Barcelona (05:17).
O mellor resultado valdeorrés viña da man de Inés Docampo (Club Adas Cupa), cunha sexta posición nesta proba e un rexistro de 05:27.
Vídeo: O SIL