Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Soleado Día da Bici polas rúas da Valenzá (Ourense)

Uns 60 cativos participaron na actividade que contou coa colaboración da DXT

As rúas da Valenzá acollían o 19 de abril a celebración do Día da Bici en Barbadás. Na actividade, enmarcada no programa “Camiño Escolar, Ruta Catalina”, participaron un total de 60 nenos e nenas de 6º de Primaria dos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro, acompañados durante o percorrido por profesores e concelleiros, así como por integrantes de Protección Civil e a Policía Local.

Tal como explican dende o Concello, o obxectivo desta iniciativa é promover alternativas autónomas e saudables nos desprazamentos contando coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

Artigos relacionados

Back to top button