A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Solemne bendición de ramos na parroquia ruesa de Fontei

 

Ás 11:30 horas deste soleado domingo 24 de marzo tiña lugar a bendición de ramos no adro da igrexa de Nosa Señora de Fátima en Fontei (A Rúa). Coma sempre o sacerdote introducía un ramo en auga bendida e, a continuación, procedía a dar a bendición dos ramos e palmas dos fieis.

Seguidamente, entraba na igrexa e ía bendecindo cada un dos ramos que levaban as persoas que estaban no interior do templo ata chegar ao altar. Unha vez alí, iniciábase a misa deste Domingo de Ramos.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button